PRE-INSCRICIÓN
Deberá realizarse ata o día 20 de maio ás 19,00 horas, persoalmente, por fax ou teléfono na Federación Galega de Caza na Coruña, sita na Rúa Vila de Caión, 27 baixo de Carballo, Tfno: 981-702957, 679325317, e-mail: coruna@federaciongalegadecaza.com.
IMPORTANTE: Na preinscrición deberán de aportar os datos dos conductores e dos cans
participantes, así como copia da licencia ou seguro federativo de caza en vigor.
LUGAR DE CONCENTRACIÓN E SORTEO
A concentración terá lugar ás 8,00 horas do día 31 de maio, na carpa situada na alameda de Ortigueira (porto de Ortigueira).
O sorteo de saída de campos realizarase o mesmo día a partir das 8,30 horas.