A Federación
Coñece a Federación Galega de Caza, a súa actividade, estrutura e recursos ao servizo da caza en Galicia
Atallos rápidos
A Federación
A Federación é unha entidade deportiva, sen ánimo de lucro, que agrupa a cazadores e sociedades de caza galegos. De acordo cos seus estatutos, cos órganos de representación e governo e co seu organigrama, as súas funcións están claramente estructuradas en dúas grandes áreas: cinexética e competicións. Unha adicada á defensa da caza e dos lexítimos intereses das sociedades de caza e dos cazadores, e outra relacionada coas competicións de caza nas que exerce por delegación funcións públicas de carácter administrativo, actuando nese caso como axente colaborador da Comunidade Autónoma Galega e sendo unha entidade de utilidade pública.
A Federación Galega de Caza como tal ten representatividade en órganos consultivos como: Comités de Caza, Consello Forestal Galego, etc.
A FGC atópase na estructura da Real Federación Española de Caza, formando parte dos seus órganos e exercendo a súa representación na Comunidade Autónoma de Galicia. A través da RFEC está representada noutros órganos supra-autonómicos e mesmo internacionais, como na FACE con representación en órganos Europeos.
Afiliación
Cazadores federados
Sociedades federadas
Defendendo a caza en Galicia
- 19.428 cazador@s federad@s de xeito individual, máis da metade d@s cazador@s galeg@s.
- 474 sociedades de caza afiliadas (máis do 90% das sociedades de caza existentes en Galicia), número algo superior aos tecores dos que son titulares as sociedades de caza afiliadas, debido a que algúns teñen titularidade compartida por 2 ou 3 sociedades de caza, e unha ducia adícanse exclusivamente á práctica da cetrería, caza con arco ou silvestrismo e non administran ningún tecor.
A interlocución é un dos grandes éxitos da sociedade moderna, e na caza non podía ser menos. O dialogo implica escoitar, suxerir, valorar para intentar conformar a realidade dende a pluralidade mesmo dende a diversidade. Na Federación tentamos exercitar todos eses conceptos para conformar a nosas liñas de actuación e mesmo a nosa opinión como institución. Entendemos e parécenos saudable que nos foros de debate sobre a caza ou calquera outro asunto medioambiental se conte con opinións plurais. Ao concepto de pluralidade é necesario achegar o de representación. Todos debemos contar, pois formamos parte dunha mesma cadea, pero é de xustiza que cadaquén se mostre na proporción do colectivo que representa, por ecuanimidade e por responsabilidade cara aos representados e afiliados. Defendemos unha caza asentada nunha base social forte e sustentable que cada vez se apoie máis nunha correcta xestión, con base en principios técnicos, e a isto as sociedades de caza e os cazadores galegos responden ano tras ano con cotas máis altas de afiliación. A Federación ten unha clara vocación de ser casa común de todos os cazadores, porque sabemos que é moito máis o que nos une que as diferencias, e cada vez é máis necesario o traballo e o esforzo de todos para conseguir algo mellor cada día para eses cazadores e as súas sociedades de caza, nun mundo cada vez menos tolerante coa actividade cinexética.
A caza que defende a FGC
A caza en Galicia ten un compoñente social evidente. A case totalidade dos terreos cinexéticos de réxime especial teñen como titulares ás sociedades de caza. Estas deben seguir sendo clave no noso desenvolvemento venatorio. O seu fortalecemento e a súa adaptación aos novos tempos farán que sigan sendo unha base sólida do futuro da caza social na nosa terra.
A concepción actual da caza ten pouco que ver cunha actividade meramente extractiva, senón mais ben cun conxunto de actividades que promoven a conservación e a mellora do medio, para recoller del o excedente que unha natureza coidada pode ofrecer de xeito sostible. Todo isto que se pode chamar xestión cinexética é motivo de análise, estudo, observación e suxerencias por parte da Federación para que esa xestión estea ao servicio da natureza e por tanto dos cazadores e da caza.
Nesta área cinexética, a Federación nos últimos anos dedicou esforzos importantes, sobre todo humanos, para participar e facer achegas que puidesen mellorar a caza ou aspectos relacionados con ela. É mester seguir traballando arreo nestes asuntos, porque como tódalas cousas relacionadas coa natureza son vivas, e cada tempo trae novos problemas aos que hai que buscar solucións válidas; aceptables para os cazadores e dentro do interese xeral.
Os cazadores somos os primeiros interesados na protección, conservación e recuperación do medio natural, porque a vinculación da actividade venatoria co mundo rural é evidente, desenvólvese no campo. Agora máis que antes a caza estase convertendo nun indicador da saúde medioambiental, en función da abundancia das especies. Estas especies e os seus hábitats dependen en gran medida dos impactos que a natureza recibiu, sobre todo polas grandes transformacións producidas na poboación, co abandono do campo e a marcha ás cidades. Esta fuxida levou aparellados profundos cambios nos ecosistemas, polos sistemas de producción, polos cambios de cultivos, pola aparición de grandes zonas de matogueira e bosque,etc. Este éxodo do campo á cidade, non é inocuo dende o punto de vista medioambiental.
Información xeral
Organigrama
A continuación preséntase a estrutura organizativa da Federación.
Xunta Directiva FGC
Presidente
Luis Eusebio Fidalgo Álvarez
Vicepresidente
Ramón Rodríguez Cobas
Secretario Xeral
José Moure Caneda
Tesoureiro
Rafael Prol Caneda
Vogais
- Manuel Pérez Requejo
- José Manuel Vidal Lamela
- Jaime González Penelas
- Maria del Carmen Suárez Ferreiro
- Diego Pallas Lage
Comité de Xuíces e Árbitros
- Coordinador: Ramón Rodríguez Cobas
- Tiro (RRCC e Compak): Daniel Cebreiro García
- Cans (San Huberto e Cans de Parada): José Ángel Seco Alvite
- Rastro (Coello e Xabaril): José Antonio Montoiro González
- Cetraría: Víctor Lama González
- Arco: Jaime Villaverde Balado
- Paxariles: Manuel Ángel Chao Porto
- Agility: Iker Santos Cabo
Comisión de Competicións
- Coordinador e Delegado Raposo: Ramón Rodríguez Cobas
- Delegado Compak e RRCC: Daniel Cebreiro García
- Delegado Rastro Coello: José Antonio Montoiro González
- Delegado Rastro Xabaril: Jaime González Penela
- Delegado Cetraría: Ignacio Orge García
- Delegado Arco: Jaime Villaverde Balado
- Delegado Paxariles: Manuel Ángel Chao Porto
Comisión de Xuventudes
- Delegado Coruña: Francisco Viqueira Castro
- Delegada Lugo: Tamara Fernández Rodríguez
- Delegado Ourense: Alejandro Álvarez González
- Delegado Pontevedra: Sergio Suárez Fernández
Comité de Disciplina Deportiva
- Xúiz único titular: Rafael Enrique Sánchez Malvar
- Suplente: Antonio Del Río Viqueira
- Comité de apelación: Manuel Penabad Corral, José Luis Sánchez Mancebo, Alberto Rodríguez González
- Instrutor titular: Juan Ángel Alonso Pérez
Xunta Electoral Galega
- Presidente: Vicente Silva Meilán
- Secretario: Antonio López Iglesias
- Vogal: Agustín Pérez-Batallón Ordóñez
Xunta de Homologación de Trofeos
- Representante 1: Luis Eusebio Fidalgo Álvarez
- Representante 2: Francisco López Penela
- Representante 3: Alejandro Lorenzo Carregal
Histórico de presidencias
A evolución do liderado da Federación Galega de Caza desde o ano 1987
Manuel Andrade Cristóbal
1987 - 1988
1 ano
Francisco Arturo Pichel Márquez
1988 - 1999
11 anos
José Manuel Vaamonde González
1999 - 2006
7 anos
José María Gómez Cortón
2006 - 2011
5 anos
Javier Nogueira Diz
2011 - 2022
11 anos
Luis Eusebio Fidalgo Álvarez
2022 - Actualidade
Presidente actual
Anos de presidencia por mandato
Mandato máis longo
Francisco Arturo Pichel Márquez (1988-1999)
Anos de traxectoria
(1987-2026)
Presidentes na historia
Transparencia
En cumprimento das obrigas das federacións deportivas galegas derivadas da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a FGC fai pública a seguinte documentación.
Funcións
As federacións deportivas galegas son entidades privadas sen ánimo de lucro que exercen por delegación funcións públicas delegadas (art. 51.4 da Lei 3/2012, do deporte de Galicia).
- Representar á Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas.
- Organizar as competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico.
- Expedir licenzas deportivas ou administrativas.
- Exercer control das subvencións asignadas.
- Garantir o cumprimento das normas electorais.
- Exercer a potestade disciplinaria.
Convenios e subvencións
Convenios Deportes
Orzamentos e contas anuais
Procesos electorais
Nesta sección poderá consultar toda a información relativa aos procesos electorais desta Federación.
Contacto
Sede principal
Federación Galega de Caza
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12
15707 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf: 981 562 777
federacion@federaciongalegadecaza.com
federacion@caza.gal
INVERNO (1 outubro - 31 maio)
Luns a Xoves: 09.00h - 14.30h e 16.30h - 19.00h
Venres: 09.00h - 15.00h
Sábados: 10.00h - 14.00h
VERÁN (1 xuño - 30 setembro)
Luns a Venres: 09.00h - 15.00h
Formulario de contacto
Para calquera suxerencia, dúbida, queixa ou calquera outro tema, podes usar o seguinte formulario ou escribirnos a federacion@federaciongalegadecaza.com.
Delegacións provinciais
A Coruña
Rua Vila de Caión, 27 Baixo 2A (Carballo)
15100 A CORUÑA
Tlf. 981 702 957
coruna@federaciongalegadecaza.com
coruna@caza.gal
INVERNO (16 setembro - 31 maio)
Luns a Xoves: 09.00h - 14.00h e 16.00h - 19.00h
Venres: 08.00h - 15.00h
VERÁN (1 xuño - 15 setembro)
08.00h - 15.00h
Lugo
Rua San Roque, 55 - Entrechan esquerda
27002 LUGO
Tlf. 982 254 996
lugo@federaciongalegadecaza.com
lugo@caza.gal
TODO O ANO
Luns a Xoves: 09.00h - 14.00h e 16.00h - 19.00h
Venres: 08.00h - 15.00h
Ourense
Estadio de O Couto (Rúa Carlos Maside s/n)
32002 OURENSE
Tlf. 988 221 620
ourense@federaciongalegadecaza.com
ourense@caza.gal
INVERNO (1 outubro - 31 maio)
Luns a Xoves: 09.00h - 13.45h e 16.00h - 19.00h
Venres: 09.00h - 14.00h
VERÁN (1 xuño - 30 setembro)
09.30h - 14.00h
Pontevedra
Rua Lepanto, 1 - 1ºJ
36001 PONTEVEDRA
Tlf. 986 852 300
pontevedra@federaciongalegadecaza.com
pontevedra@caza.gal
INVERNO (1 outubro - 31 maio)
Luns a Xoves: 08.00h - 17.30h
Venres: 08.00h - 15.00h
VERÁN (1 xuño - 30 setembro)
09.00h - 15.00h