Sociedades de Caza

Procedementos, documentación e asesoría para a xestión das túas sociedades

Pasos para federar a túa sociedade

Para federar unha Sociedade ou asociación, deben dirixirse en primeira instancia á Federación Provincial que corresponda pola súa ubicación xeográfica. Nas nosas oficinas facilitaráselle todo tipo de información e a documentación necesaria para afiliarse á Federación e inscribirse ao mesmo tempo no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.

Cota anual (ano 2026): 103,86 €

Por que Federar unha Sociedade?

Asesoría Xurídica

Asesoría gratuíta a cargo dunha avogada experta en problemas cinexéticos.

Licenzas de Caza

Tramitación de licenzas para calquera Comunidade Autónoma sen sobretaxas.

Emisoras

Servizo de licenzas de uso de emisoras con varios canais de comunicación.

Escola de Caza

Formación de cazadores, directivos e profesionais relacionados coa caza.

Competicións

Participación en competicións provinciais, galegas, nacionais e internacionais.

Seguros RC

Tramitación de seguros de responsabilidade civil con entidades solventes.

Revista

Recepción anual e gratuíta da revista Galicia Cinexética.

Oficinas

Rede de oficinas federativas en todas as provincias galegas con persoal cualificado.

Descontos

Acceso a rede de establecementos con descontos especiais para federados.

Goberno

Dereito a participar na elección de órganos de goberno e representación da FGC.

Necesitas Asesoría Xurídica?

As sociedades federadas contan con asesoría xurídica gratuíta a cargo dunha avogada experta en problemas cinexéticos que vos asesorará en todos os procedementos administrativos e legais.

Poñerse en Contacto