← Volver ao inicio

Vantaxes de Federarse

Descobre todo o que a Federación Galega de Caza ofrécelle aos cazadores e sociedades federadas

¿Quen é a Federación?

A Federación Galega de Caza é o organismo que representa e defende os intereses dos cazadores e das sociedades ou asociacións de caza ante as diferentes Administracións e Organismos Públicos e Privados.

A Federación Galega de Caza confórmana tódolos cazadores e sociedades de Caza de Galicia.

¿Que teño que facer para federarme?

Cazador Individual

O cazador (individual) para federarse debe dirixirse a calquera sociedade de caza federada —existen na práctica totalidade dos municipios de Galicia— ou á Federación de Caza en calquera das súas delegacións.

Basta con aportar os datos persoais para obter a licencia federativa, que é o carné que acredita a condición de cazador federado.

Sociedades de Caza

As sociedades ou asociacións deben dirixirse en primeira instancia á Federación Provincial que corresponda pola súa ubicación xeográfica.

Nas nosas oficinas facilitaráselle todo tipo de información e a documentación necesaria para afiliarse á Federación e inscribirse ao mesmo tempo no Rexistro de Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia.

Licencia Federativa

A Licenza Federativa é, ao mesmo tempo, un seguro de danos propios que cubre ao seu titular en accidentes que poida sufrir na práctica da Caza ou actividades deportivas, coas correspondentes indemnizacións e prestacións.

Actualmente, ademais da Licenza Federativa, existen outras variantes de Seguros denominados "Documentos Únicos" que levan incluído ademais da propia licencia federativa un Seguro de danos a terceiros (Seguro de Responsabilidade Civil Obrigatorio do cazador e seguro Voluntario e complementario), e mesmo de Responsabilidade Civil dos cans.

¿Por que federarse?

A Federación ofrece múltiples vantaxes legais, administrativas e comunitarias. As seguintes seccións detallan tódolos beneficios.

A Unión fai a Forza

A Federación Galega de Caza é a entidade con maior representación dos cazadores e sociedades de caza galegas. Cando máis sexamos xuntos, máis forza teremos para que nos escoiten e así defender os nosos dereitos e reclamar as nosas demandas ante os entes públicos, administracións e organismos autonómicos e estatais.

¿Qué fai a Federación por min?

Manterte informado constantemente

Información sobre a actualidade da caza, cambios lexislativos, axudas e subvencións, eventos cinexéticos, probas deportivas, iniciativas da FGC, e outras novidades de interese para cazadores. A través destes canais:

Asesórate xurídicamente

As Sociedades ou cazadores teñen á súa disposición unha ASESORÍA XURÍDICA, a cargo dunha avogada experta en problemas cinexéticos, que os asesora gratuitamente. Enviar unha consulta.

Tramita as túas licencias de caza

Servizo de tramitación de LICENCIAS DE CAZA para calquera Comunidade Autónoma do estado. Ver trámite.

Xestiona as túas emisoras

Autorización Especial de Telecomunicacións con SERVICIO DE LICENZAS DE USO DE EMISORAS e varios canais de comunicación. Máis información.

Protéxete con seguros completos

Múltiples variantes de seguros de danos propios e responsabilidade civil con Mutuasport (entidade adicada únicamente a seguros de caza). Consultar opcións.

Fórmate na Escola de Caza

Cursos para formación de cazadores, directivos, responsables de tecor, tiradores expertos, guías, gardas, xuíces e árbittros en tódas as modalidades. Ir á Escola de Caza.

Aténdete en tódalas provincias

OFICINAS FEDERATIVAS en tódas as provincias conectadas en tempo real, con persoal cualificado para calquera trámite. Ver delegacións.

Infórmache das axudas dispoñibles

Infórmase de ordes de AXUDAS E SUBVENCIÓNS da Xunta de Galicia e asesoramento na tramitación. Ver axudas.

Represéntate nos comités oficiais

Representantes nos COMITÉS PROVINCIAIS E GALEGO DE CAZA defendendo dereitos de cazadores, participando en vedas e resolución de problemas. Coñecer a estrutura federativa.

Dáche voz e voto

DEREITO A ELIXIR OU SEREN ELIXIDOS para órganos de goberno: Asemblea, Xunta Directiva, Comités técnicos e de mediación. Información electoral.

Organiza competicións deportivas

11 modalidades (silvestrismo, cetraría, arco, compak, sant huberto, cans de parada/rastro, etc.) con campionatos provinciais, galegos, nacionais e internacionais. Subvencións para clasificados. Ver calendario e probas.

Outras Iniciativas e Programas

Compartir Caza

Tarxetas diarias ou de tempada para cazar en distintos tecores de Galicia. Mobilidade e desenvolvemento rural.

Caza Seguro

Campaña de seguridade con Consellería de Medio Ambiente. Chalecos reflectantes e tablillas sinalizadoras.

Clube de Descontos

Rede de clínicas veterinarias, armerías, hoteis e servizos con descontos para federados.

Escola de Caza

escoladecaza.gal: formación online gratuíta para cazadores sobre seguridade, xestión de sociedades, e moito máis.

Encontros pola Caza

Foros itinerantes de debate sobre temas importantes para o futuro da caza en Galicia.

Observatorio da Caza

Análises sanitarias (triquinosis) e primeiro estudio socioeconómico sobre a caza en Galicia.

¿Estás list@ para federarte?

Únete á Federación Galega de Caza e desfruta de tódalas vantaxes exclusivas.