← Volver ao inicio

Emisoras de Caza

Licenzas para uso exclusivo de federados

A Rede de Emisoras da FGC

A Federación Galega de Caza ten contratadas un total de 30 frecuencias repartidas entre as catro provincias galegas, para uso exclusivo dos seus federados.

Grazas a esta contratación conxunta de frecuencias por parte da FGC para toda Galicia, que sería inasumible para calquera sociedade, cuadrilla ou cazador dado o seu elevado custe, os preto de 20.000 federados galegos poden facer uso dunha rede autonómica completa de frecuencias a un prezo moi reducido.

Requisitos para solicitar unha licenza

1. Estar Federado

Debes contar cunha licenza federativa ou cun documento único (licenza federativa + seguro de caza).

2. Emisora Homologada

O modelo de emisora debe estar dentro dos homologables para a caza. Cada ano saen novos modelos que non aparecen nos nosos listados.

Se tes unha emisora que non aparece no listado, préganos que te poñas en contacto con nosco facilitándonos marca e modelo antes de mercala.

3. Establecemento Autorizado

Se compras a emisora nun establecemento autorizado, o propio establecemento encargarase de comunicar á Federación a solicitude de alta e enviar a documentación. Así poderemos emitirlle o seu carné de uso nunha das nosas oficinas.

Tipos de Licenza de Emisora

Licenza Provincial

Autoriza a usar a emisora solo na provincia na que esteas dado de alta, podendo utilizar únicamente as frecuencias que correspondan a esa provincia, as cales constaran no carné Provincial.

Validez: 1 ano

Alta (primeira vez)

30€

Renovación (anos posteriores)

10€

Licenza Autonómica

Autoriza a usar a emisora en calquera da catro provincias de Galicia. Terás que ter gravadas as frecuencias de todas as provincias, pero só podes utilizar as frecuencias da provincia onde esteas cazando para evitar saturacións de rede.

Validez: 1 ano

Alta (primeira vez)

35€

Renovación (anos posteriores)

15€

Información Importante

Xestión dos documentos: Para a túa comodidade, podes xestionar as licenzas de emisoras de calquera provincia desde calquera delegación da FGC, sen necesidade de ir directamente a provincia.

Contacto: Para máis información sobre os modelos de emisoras legalizables e prezos, contacta connosco a través do formulario.

Modelos de Emisoras Comúns

¿É algún destes modelos? → É homologable

Aquí podes ver algúns dos modelos máis usados que están autorizados. Se non ves o teu, pregúntanos, pode ser que tamén sexa homologable!

KST V6E
KST
V6E
Homologable
MIDLAND CT-32SH
MIDLAND
CT-32SH
Homologable
ALAN HP108
ALAN
HP108
Homologable
DYNASCAN V600
DYNASCAN
V600
Homologable
DYNASCAN V500
DYNASCAN
V500
Homologable
VERTEX VX-180EV
VERTEX
VX-180EV
Homologable
ICOM IC-F3022S
ICOM
IC-F3022S
Homologable
CANIDOG EV
CANIDOG
EV
Homologable
TYT 777
TYT
777
Homologable
ICOM IC-F1000S
ICOM
IC-F1000S
Homologable

¿Non ves o teu modelo?

Non te preocupes. Outros modelos tamén poden ser homologables. Pregúntanos sen compromiso e verificaremos se a túa emisora cumpre os requisitos.

Pregúntanos agora →

Proceso de Solicitude

1. Verificar Que Esteas Federado

Asegúrate de ter licenza federativa ou documento único válido. Este é o primeiro requisito.

2. Elixir Modelo de Emisora Homologado

Escolle un modelo de emisora que estea na lista de homologables. Se tes dúbidas, ponte en contacto con nós.

3. Comprar en Establecemento Autorizado

Compra a emisora nun establecemento autorizado. O propio establecemento comunicará á FGC a solicitude de alta.

4. Realizar Pago da Cuota

Paga a cuota de alta (primeira vez) na delegación da FGC. Nos anos sucesivos, só pagarás cuota de renovación.

5. Retirar Carné de Uso

Retira o carné de uso da emisora nunha das nosas oficinas provinciais. xa poderás usar a túa emisora!

Necesitas Axuda?

Para consultas específicas sobre permisos de emisora ou trámites, ponte en contacto coa FGC:

Enviar consulta → Ver contacto das oficinas →