Lexislación

Épocas hábiles de caza

← Volver a Lexislación

Épocas hábiles de caza

Esta resolución regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio da actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2025/2026, que abrangue o período comprendido entre o 1 de agosto de 2025 e o 31 de xullo do ano 2026.

 

 


Tempada 2024/2025



RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2024/25.


Esta resolución regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as cales se poderá exercer, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán o exercicio da actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2024/25, que abarca o período comprendido entre o 1 de agosto de 2024 e o 31 de xullo de 2025.



Descargar Resolución do 27 de marzo de 2024



RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se modifica a Resolución do 27 de marzo de 2024 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2024/25.


Descargar Resolución do 3 de abril de 2025






RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se modifica a Resolución do 27 de marzo de 2024 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2024/25.


Descargar Resolución do 23 de setembro de 2024





 

 


Emerxencia cinexética


RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril nas comarcas da Barcala, Arzúa, A Barbanza, Bergantiños, Betanzos, A Coruña, Eume, Ferrol, Noia, O Sar, Ordes, Ortegal e Santiago


Descargar PDF



RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril nas comarcas dos Ancares, Chantada, A Fonsagrada, Lugo, A Mariña Central, A Mariña Occidental, A Mariña Oriental, Sarria, A Terra Chá e Terra de Lemos.


Descargar PDF


RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril nas comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, A Limia, Ourense, O Ribeiro, Terra de Caldelas, Terra de Celanova, Terra de Trives, Valdeorras, Verín e Viana.

Descargar PDF


RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril nas comarcas de Caldas, O Condado, Pontevedra, Deza, Tabeirós-Terra de Montes e Vigo.


Descargar PDF




Segues tendo dúbidas?

Se non atopa resposta ás suas dúbidas sobre lexislación na nosa páxina, pode facernos chegar a súa consulta directamente. Os nosos especialistas responderanlle o antes posible.

Facer unha consulta