Lexislación

Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia

← Volver a Lexislación

Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia

O presente Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia constitúe o instrumento básico para a planificación, ordenación e xestión en rede dos espazos protexidos da Rede Natura 2000 (LIC e ZEPA), dando cumprimento ás esixencias establecidas nas directivas europeas (DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE, DC 2000/60/CE), así como na normativa estatal (Lei 42/2007) e autonómica (Lei 9/2001). Este Plan cumpre a función pública do goberno do territorio para a organización racional e equilibrada da súa utilización e, en xeral, dos recursos naturais.


O presente Plan ten como obxectivo principal o mantemento, ou no seu caso o restablecemento, nun estado de conservación favorable dos hábitats naturais e das especies de flora e fauna de interese para a conservación, tendo en conta as esixencias económicas, sociais e culturais, así como as particularidades rexionais e locais.

Segues tendo dúbidas?

Se non atopa resposta ás suas dúbidas sobre lexislación na nosa páxina, pode facernos chegar a súa consulta directamente. Os nosos especialistas responderanlle o antes posible.

Facer unha consulta