Lexislación

Lei de prevención de incendios

← Volver a Lexislación

Lei de prevención de incendios

Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención
e defensa contra os incendios forestais de
Galicia.

Esta lei ten por obxecto defender os montes ou
terreos forestais fronte aos incendios e protexer as
persoas e os bens por eles afectados, promovendo
a adopción dunha política activa de prevención coordinada
de todas as administracións públicas de acordo
coa lexislación galega en materia de emerxencias,
baseada en:

  1. Actuar nos montes e áreas confinantes mediante
    os tratamentos axeitados da biomasa vexetal.
  2. Compatibilizar e regular os aproveitamentos e
    transformacións do monte e zonas agrarias confinantes
    coa finalidade de evitar os incendios.
  3. Establecer as condicións para a protección dos
    asentamentos rurais respecto dos incendios forestais,
    no marco dunha política integral de desenvolvemento
    rural.
  4. Regular as repoboacións forestais co propósito
    de ordenar silvicolamente as novas repoboacións nos
    perímetros dos asentamentos de poboación e de
    actuar en unidades de xestión sustentables e rendibles
    e que conten, entre outros criterios, coa axeitada
    planificación preventiva.
  5. Regular a redacción dos diferentes plans de
    prevención e defensa e a coordinación entre as distintas
    administracións.

Segues tendo dúbidas?

Se non atopa resposta ás suas dúbidas sobre lexislación na nosa páxina, pode facernos chegar a súa consulta directamente. Os nosos especialistas responderanlle o antes posible.

Facer unha consulta