Licencia de Caza

Solicita ou renova a túa licencia para cazar en Galicia

¿Que é a licencia de caza?

A licencia de caza é o permiso oficial que te autoriza a practicar a caza en Galicia. É un requisito imprescindible para acceder a calquera tipo de actividade cinexética. A licencia ten validez anual e debe estar renovada cando comece a temporiada de caza.

Que tipo de licencia necesitas?

Escolle a opcion que corresponda para saber onde e como tramitala.

Licencia de caza de Galicia

Podes renovala presencialmente en calquera oficina da entidade bancaria ABanca, nas oficinas dos servizos centrais ou provinciais da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ou ben renovala online na plataforma da Xunta de Galicia.

  • En xeral, a licencia ten vixencia dun ano, ainda que pode outorgarse por un mes.
  • As persoas maiores de 65 anos teñen licencia gratuíta e con vixencia indefinida (non precisan renovala).

Fonte oficial: Sede electrónica da Xunta (MT720V)

Ir a renovacion online da Xunta →

Licenza de Caza Interautonomica

Podes tramitala nas oficinas da FGC. Necesitamos unha licencia anterior (interautonomica ou de Galicia). Tamén podes facelo online na plataforma da Xunta.

Permite practicar a caza nas comunidades autonomas adheridas ao convenio: ARAGÓN, ASTURIAS, CASTELA E LEÓN, ESTREMADURA, GALICIA, MADRID, MURCIA e COMUNIDADE VALENCIANA.

Requisitos imprescindibles:

  • Ser cidadan espanhol ou estranxeiro residente en Espana.
  • Non atoparse inhabilitado para a obtencion da licenza por sancion administrativa firme ou resolucion xudicial firme (lexislacion penal).
Tramitar online na Xunta →

Licenza doutra comunidade

Podemos tramitala na FGC nun prazo maximo de 24-48 horas, ou instantaneo dependendo da comunidade autonoma.

Primeiro acceso á licencia de caza

Se é a primeira vez que solicitas unha licencia de caza, debes superar obrigatoriamente o Exame do Cazador segundo a normativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

O exame inclúe coñecementos sobre lexislación da caza, identificación de especies, normas de seguridade e bioloxía das especies cinexéticas.

Ver información sobre o Exame do Cazador →

¿Tes dúbidas ou necesitas axuda?

Enviar consulta →