19 de setembro de 2018
EN XULLO E AGOSTO

Sanidade Animal alerta dos focos de mixomatose en lebres en Castela A Mancha e Andalucía

O Servizo de Sanidade Animal da Xunta de Galicia ven de trasladar a información remitida dende o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación onde se lles comunica a aparición duns focos de mixomatose en lebres aparecidos este ano en Castela A Manch


O Servizo de Sanidade Animal da Xunta de Galicia ven de trasladar a información remitida dende o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación onde se lles comunica a aparición duns focos de mixomatose en lebres aparecidos este ano en Castela A Mancha e Andalucía, en concreto nos meses de xullo e agosto.


Isto implica a imposibilidade de traer animais das zonas afectadas, e tamén a necesidade de extremar as precaucións na compra de animais de fóra de Galicia que poidan ser unha fonte de contaxio para os coellos xa existentes.


Agradécese a colaboración de tódolos cazadores e sociedades de caza para evitar que esta enfermidade se espalle por Galicia. Ante calquera dúbida deberá contactarse cos Servizos Veterinarios Oficiais (SSVVOO) correspondentes.


Descargar nota Ministerio

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.