20 de novembro de 2020
DEPORTE FEDERADO

Cambio de interpretación da Secretaría Xeral para o Deporte

A Secretaría Xeral para o Deporte, nun comunicado dirixido no día de hoxe ás 13 horas, a todas as federacións deportivas galegas, ven de facer unha nova interpretación das restricións á mobilidade do deporte federado.

A consecuencia da mesma, as sociedades de caza federadas deberán expedir un certificado aos deportistas federados afectados por estas restricións e que cumpran as condicións establecidas por Deportes, conforme ao modelo que lles facilitou no día de hoxe a Federación Galega de Caza.

A FGC insiste non obstante na recomendación de que o cazador que teña oportunidade de cazar dentro do seu ámbito territorial debe evitar os desprazamentos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.