LOBO / OSO / XABARIL

Publicada a orde de axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de foment

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ven de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe a ORDE do 22 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2021.


Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras de varias liñas de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies:



  • Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo: para a adquisición de cans para a protección e defensa do gando, de pastores eléctricos e/ou de cerrumes de malla electrificada e para a adquisición e instalación de valados fixos, cuxa adquisición se faga, en todos os casos, con posterioridade á publicación desta orde.

  • Liña para a prevención de danos ocasionados polo oso: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.

  • Liña para a prevención de danos ocasionados polo xabaril: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.


Descargar Orde

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.