16 de xaneiro de 2023
VI PROBA ABERTA CETRERÍA

Proba aberta de cetraría en Boiro

Todo comenzaba ás 9:00 horas no lugar de O Pastizal en Iroite, onde se concentraron os cetreiros para dar comenzo aos apaixoantes voos destas aves rapaces.


O pasado sábado 14 de xaneiro, na localidade coruñesa de Boiro, tiña lugar unha proba aberta de Cetrería que estivo organizada pola Federación Galega de Caza da Coruña e a Sociedade Galega de Cetrería. Todo foi posible tamén grazas á colaboración da Sociedade de Caza Castelo de Vitres.


Todo comenzaba ás 9:00 horas no lugar de O Pastizal en Iroite, onde se concentraron os cetreiros para dar comenzo aos apaixoantes voos destas aves rapaces.


Na categoría de Harris o primeiro clasificado foi Daniel Martínez Orozco. José Guizán Trastoy e Carmen Gondar Rey remataron en segunda e terceira posición.


Francisco González García era o campión en Brazo Tornado namentras que Juan Barcala Banqueiro era o subcampión. O bronce era para José M. Gregores Pimentel.


En Azores o mellor clasificado era Carlos Fernández Gil. Pedro Paz Collazo era o subcampión e Héctor Fernández Gondar o terceiro clasificado.


E xa na categoría de Altanería impoñíase José Luis Rivas por diante de Toño Reza que quedaba relegado á segunda posición.


Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.