12 de agosto de 2024
CAMPIONATO GALEGO DE ARCO

Campións galegos de arco


XXIV Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco Xunta de Galicia e XXIV Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo Xunta de Galicia 


No día de onte, 11 de agosto, celebrouse o XXIV Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco na localidade de Soutomaior - Pontevedra. Unha proba na que participaron un total de 43 arqueiros e que foi a derradeira tirada que pechaba a tempada e daba a coñecer os representantes galegos para o Campionato Nacional.


Este campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza e a esencial colaboración e traballo do Clube Cazarco. Coma sempre, os participantes pasaron unha entretida mañá no campo de tiro da sociedade sito en Candán, resolvendo un circuito de 8 propostas de caza.



Resultados da derradeira proba da tempada de percorridos de caza con arco:


- Arco Asistido Masculino: 1 Miguel Caruncho Campanario, 2 Jaime Villaverde Balado e 3 Ismael Figueroa Vilaboa.


- Arco Tradicional Masculino: 1 Jacobo Santoro Lorenzo, 2 Herminio López Noval e 3 Roi López Díaz.



- Arco Asistido Damas: 1 Dolores Bugarín Codeseda, 2 Marina Oliveira Amoedo e 3 María del Carmen Novoa Varela.


- Arco Tradicional Damas: 1 Laura Fernández Crespo, 2 Eva Davila Rodal


- Arco Junior: 1 Nerea Piñeiro Gago, 2 María Moreira Álvarez e 3 Carlota Otero Cayetano



- Arco Cadetes: 1 Serafín Germán Veiga.


 


Unha vez recollidos os resultados de todas as probas da especialidade desputadas na presente tempada, o Campionato Galego rematou cos seguintes campións galegos por categorías:


- Arco Asistido Masculino: Jaime Villaverde Balado


- Arco Tradicional Masculino: Jacobo Santoro Lorenzo


- Arco Asistido Damas: Dolores Bugarín Codeseda 


- Arco Tradicional Damas: Laura Fernández Crespo


- Arco Junior: Carlota Otero Cayetano



Despois da desputa do Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco, tivo lugar o Autonómico de Caza con Arco ao Voo


Este campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza e a esencial colaboración e traballo do Clube Cazarco. 


Na localidade pontevedresa de Pazos de Borbén desputouse o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo coa presenza de 5 parellas de cazadores cos seus respectivos cans de mostra. 


A parella campiona foi a composta por Jacobo Santoro e Ismael Figueroa que contaron coa axuda da setter de nome “Vela”.


Estes campionatos contaron co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.