16 de xaneiro de 2025
PROVINCIAL CORUÑA CETRARÍA

Cetreiros en Santa Comba


Campionato Provincial da Coruña de Cetrería Xunta de Galicia


O pasado 11 de xaneiro desputouse no concello coruñés de Santa Comba o Campionato Provincial da Coruña de Cetrería Xunta de Galicia, todo elo coa  baixo a organización e colaboración da Federación Galega de Caza, a Sociedade Galega de Cetrería e a Sociedade de Caza e Pesca de Xallas.


A proba contou con Ignacio Orge como Director da Proba e desputouse nas modalidades de altanería, baixoo voo a perdiz, brazo tornado a perdiz e pequenas aves a perdiz.


Baixo Voo “Azores”


O primeiro posto desta modalidade foi para Ignacio Orge con 55 puntos. A dous puntos do campión situouse Héctor Fernández e o bronce era para Pablo Paz con 19 puntos.


Baixo Voo “Harris”


O primeiro posto foi para Rui Lima con 49 puntos seguido de José Gregores en segunda posición e 48 puntos. Compretou o podio José Guizan con 38 puntos.


Brazo Tornado


O primeiro posto foi con 57 puntos para o cetreiro José Gregores. Seguido en segunda posición por Evaristo González con 56 puntos. Xa con 37,5 puntos o bronce era para José Luis Rivas. 


Sky Trial


Na modalidade de Sky Trial o campión era Rui Lima con 62,9 puntos. O segundo posto era para José Luis Rivas con 33,6 puntos.


Pequenas Aves


Participaron un total de 3 aves e o posto máis alto da clasificación foi ocupado por Evaristo González con 50 puntos. A cetrería Carmela Gondar facíase coa prata con 26 puntos e Ignacio Orge con 19 acadaba o bronce. 


Este campionato provincial contou coa colaboración do Concello de Santa Comba e co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.