31 de marzo de 2025
TROFEO SOUTOMAIOR RRCC ARCO

Arqueiros no Trofeo Concello de Soutomaior


No día de onte, 30 de marzo, celebrouse o Trofeo Concello de Soutomaior de Percorridos de Caza con Arco “Xunta de Galicia”, nos terreos do clube Cazarco no lugar de Candan, Soutomaior.


Os 41 deportistas anotados estaban convocados ás 8:30 horas da mañá para comenzar a competición deportiva. Proba puntuable para o campionato galego da especialidade que contou co Delegado de Arco, Jaime Villaverde, como Director da Proba.



A competición comezou ás 09:15 horas e unha vez rematada procedeuse á recollida de todo o material empregado e a entrega de premios.


A clasificación final rematou do seguinte xeito:


- Arco asistido feminino: 1ª Dolores Bugarín (311 ptos) - 2ª Mariña Oliveira (311 ptos) - 3ª Mª Carmen Novoa (159 ptos)


- Arco asistido masculino: 1º Eloy Álvarez (447 ptos) - 2º Jaime Villaverde (365 ptos)  - 3º Miguel Caruncho (361 ptos) 


- Arco tradicional feminino: 1ª Laura Fernandez (162 ptos) - 2ª Silvia Gómez (137 ptos) - 3ª Carolina Comesaña (44 ptos)


- Arco tradicional masculino: 1º Juan José Corredoira (299 ptos) - 2º Jacobo Santoro (287 ptos) - 3º José García (257 ptos)


- Junior: 1ª Carlota Otero (149 ptos) - 2ª María Moreira (94 ptos)   - 3ª Iria Boullosa (92 ptos) 



A proba estivo organizada polo Clube Cazarco contando coa colaboración do Concello de Soutomaior e a FGC de Pontevedra. Co patrocinio da Secretaria Xeral para o Deporte e Mutuasport.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.