Otero del Río revalida o título de campión lucense de compak sporting

XXIV Campionato Provincial de Lugo de Compak Sporting “Xunta de Galicia”
No campo de tiro eventual sito no monte do Cristo da localidade lucense de Portomarín tiña lugar, o pasado sábado 10 de maio, a edición número XXIV do Campionato Provincial de Lugo de Compak Sporting “Xunta de Galicia”.
Un campionato provincial organizado pola Federación Galega de Caza de Lugo e que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Nicolás.
Un total de 24 tiradores desputaban este campionato provincial a 50 pratos divididos en duas canchas de tiro e nas que o lucense José Luis Otero del Río proclamábase campión da proba e campión provincial cun total de 46 pratos escachados. Unha tirada que estivo marcada por a intensa e persistente choiva que, a bo seguro, impediu aos tiradores acadar marcas máis altas.

O segundo posto da Xeral foi para o tamén lucense Artemio Formoso Barro que rematou con 45 pratos despois de completar unha extraordinaria tirada realizando o único 25 da tirada e converténdose tamén no ganador en Tiro Adaptado. O coruñés Protasio Hermida Súarez foi o terceiro clasificado con 44 pratos despois de resultar gañador no desempate desputado con Constantino Vilar Rodríguez que obtiña o cuarto posto da xeral e campión da categoría Senior.
Carlos Misa Alonso con 43 pratos era o subcampión da categoría Senior despois de resultar ganador no desempate con Mario González Yañéz.
Manuel Magide López en Veteranos, José María González Rodríguez en Máster, Maitane Fandiño Pérez en Donas e Alejandro Manuel Castro Pérez en Iniciados conformaron o abano de campións desta fase provincial lucense.
Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.
