26 de maio de 2025
CAMPIONATO GALEGO PERCORRIDOS CAZA

Dominio absoluto de Domínguez Treinta no Autonómico de Percorridos de Caza


XXXVII Campionato Galego de Percorridos de Caza en Río Sar “Xunta de Galicia”


A edición número XXXVII do Campionato Galego de Percorridos de Caza desputouse en Río Sar na xornada de onte, 25 de maio, e na cal o pontevedrés Daniel Domínguez Treinta foi o gañador superando en 6 pratos ao segundo clasificado e realizando unha extraordinaria tirada de principio a fin.


Unha edición con preto de 90 tiradores divididos en 15 escuadras e que axudados por un día moi luminoso desfrutaron dun fermoso campionato galego grazas á Sociedade Deportiva Rio Sar que co seu traballo realizou un diseño e montaxe de liñas de tiro de alto nivel. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza e a Sociedade Deportiva Río Sar.



Foi o tirador pontevedrés Daniel Domínguez Treinta o que remataba con 140 pratos despois dunha tirada moi regular e sostida durante toda a xornada o que lle permitiu converterse no novo campión galego e obtendo o título de campión da Copa Galicia da especialidade. Empatados a 134 pratos foi preciso a realización dun desempate para coñecer o segundo e terceiro posto da xeral que finalmente adxudicouse Daniel Cebreiro García superando ao ata onte campión da especialidade, José Manuel Torres Parada.



Na categoría Senior a emoción para coñecer o campión tamén se fixo agardar xa que José Luis Sánchez Mancebo e José Antonio Vasconcellos Vicente remataron empatados a 125 pratos, foi o pontevedrés Vasconcellos Vicente o que se impoñía no desempate. O bronce da categoría era para Antonio Iglesias Otero con 123 pratos.



En Veteranos o campión era Gabino Villamor Vázquez con 109 pratos por diante de Juan Sánchez Mancebo e José González Yáñez, respectivamente.


En Tiro Adaptado o campión era Artemio Formoso Barro con 125 pratos, en   Iniciados o primeiro posto era para Ronquete Caamaño e en Máster o mellor clasificado foi Ángel Mosquera Rodríguez.



En Damas a mellor clasificada da proba foi Maitane Fandiño Pérez e a campiona galega era Sabela Calvo.


A Selección Galega para o Nacional de Percorridos quedou formada por Daniel Domínguez Treinta, Daniel Cebreiro García, José Manuel Torres Parada, José Antonio Vasconcellos Vicente, Manuel Blanco Puertas e Artemio Formoso Barro.



Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.