26 de maio de 2025
TROFEO CAZARCO ASEXOS 3D

Arqueiros ao asexo


IV Trofeo Cazarco de Asexo de Caza con Arco 3D


Baixo a organización do Clube Cazarco e a Federación Galega de Caza en Pontevedra, onte 25 de maio tivo lugar a cuarta edición do Trofeo Cazarco de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D. Unha proba que mantivo o éxito acadado nas pasadas edicións congregando a un elevado número de arqueiros galegos.



Unha proba celebrada nas instalacións deportivas do Clube Cazarco, sito no lugar de Candán – Soutomarior (Pontevedra) e que congregou a arqueiros e arqueiras que, axudados pola boa climatoloxía, desenrolaron unha gran xornada deportiva.


Rematada a competición, o Director da Proba e Delegado de Arco da FGC, Jaime Villaverde Balado, deu a coñecer a clasificación das diferentes categorías:



Arco Asistido Masculino


Eloy Álvarez Couñago: 318 puntos


Miguel Caruncho Campanario: 295 puntos


Javier Lesende Sieiro: 247 puntos


Arco Tradicional Masculino


Herminio López Naval: 215 puntos


Ricardo Rivas Outeiro: 198 puntos


Roi López Díaz: 182 puntos



Arco Asistido Damas


Marina Oliveira Amoedo: 213 puntos


Mª Carmen Novoa Varela: 189 puntos


Eva Davila Rodal: 165 puntos


Arco Tradicional Damas


Silvia Gómez Pérez: 127 puntos


Laura Fernández Crespo: 125 puntos


Junior


Carlota Otero Cayetano: 113 puntos


Iria Boullosa Curras: 87 puntos


Mara Moreira Álvarez: 70 puntos


Esta proba contou coa colaboración do Concello de Soutomaior e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.