2 de xuño de 2025
RASTRO XABARIL FESTA DA CAZA LUGO

Maikel Otero con “Chacho” foi o campión provincial e Luciano Lago con “Rodolfo” campión da proba


XXVIII Campionato Provincial de Lugo de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril “Xunta de Galicia” - Festa da Caza de Lugo


Dentro do programa de competicións cinexético deportivas da XXVIII Festa da Caza de Lugo celebrouse, onte 1 de xuño, o Campionato Provincial de Lugo de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril no que participaron preto de 40 cans e monteiros.


Unha proba organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e sendo puntuable para a Copa Galicia da especialidade e tamén clasificatoria para o Autonómico da modalidade que se desputará o vindeiro 14 de xuño.



O monteiro asturiano Luciano Lago Álvarez o foi o que maior puntuación obtivo na fase final acadando un total de 243 puntos co can “Rodolfo”. O pontevedrés Cristobal Cacheda Chouza co can “Horus” era o segundo clasificado con 223 puntos. Compretou o podio da xeral o tamén pontevedrés Salvador Sestelo Núñez con “Beba” e 196,5 puntos.


O quinto posto da xeral e primeiro da provincia foi para o monteiro Maikel Otero Folgueira con “Chacho” e 183,5 puntos, converténdose no campión provincial da especialidade.


A monteira Saleta Souto Pampín foi a campiona junior.


A selección lucense quedou conformada polos seguintes monteiros: Maikel Otero, Juan Vecino, Luis Otero, Cesar Marube, Francisco Gómez, Miguel Castrillón, José Manuel Yáñez, Manuel Martínez, Iván Pedre e José Quintela.  


Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Proyecta Galicia e Arion.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.