2 de xuño de 2025
Proba de Ceiba Terras do Ortegal

O lote de cans propiedade de Alfredo Vázquez resultou campión da Proba de Ceiba Terras do Ortegal

Un ano máis Ortigueira foi un referente para os monteiros do norte de España grazas ao éxito organizativo e traballo dos rastrexadores, guías e xuíces.


XV Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe “Proba de Ceiba Terras do Ortegal


Na xornada do sábado 31 de maio, tiña lugar a xa XV Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe “Xunta de Galicia”  Proba de Ceiba Terras do Ortegal, todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración das Sociedades de Cazadores de Ortegal, Venatoria Mañón e Cedeira-Cerdido.


Un día de monte, cans e xabariles no que tomaron saída un total de 21 equipos compostos por ata tres conductores e 6 cans.


Un ano máis Ortigueira foi un referente para os monteiros do norte de España grazas ao éxito organizativo e traballo dos rastrexadores, guías e xuíces. Mostra delo foron os numerosos levantes que se sucederon, exceptuando a un equipo, todos os lotes tiveron contacto co xabaril o que amosa o bo facer dos guías e rastrexadores asi como do nivel dos equipos presentados.


O Xurado de Competición estivo formado por Ángel Javier Muíño e José Luis Pérez e actuando como Directores da Proba Tito Tarela e Antonio del Río.



Foi o lote de Alfredo Vázquez Bugallo o que obtivo o primeiro posto con 1.172 puntos, converténdose no campión desta XV edición participando cos cans mestizos de nomes “Yaqui, Pinto, Adri, Hulk, Roble e Ringo”. Tamén o can “Roble” integrante deste lote obtivo o premio ao Mellor Can da Proba. Este monteiro completa deste xeito unha extraordinaria tempada de competicións ao ser tamén o campión da Proba de Ceiba de Terras do Barbanza.



José Manuel Costa foi o propietario do lote subcampión despois de realizar a prestación cos seus cans de nomes “Uno, Tata, Buba, Ulises, Senda e Venus” e obtendo unha puntuación de 1.150 puntos.  



Hugo Mantiñan co seu lote de brunos “Sol, Simba, Omar, Oso, Romar e Viki” obtiña o bronce con 1.078 puntos.


Facemos mención a clasificación dos seguintes lotes:


4.- Roberto Montesenin


5.- Pablo Martínez Castrillón


6.- Simón Fernández Saa


7.- Sergio Prol Arcos


8.- Pablo Ferreiro Muíño


9.- Juan Antonio Nogueira


10.- Jesús Antonio Taladriz


Previa a entrega de premios e en palabras do presidente da Sociedade de Caza de Cedeira, Javier Muíño, realizouse un emotivo acto polo perda de Manuel Iglesias en recoñecemento a súa persoa e a súa sempre colaboración nesta proba de Ceiba Terras do Ortegal.


Esta proba contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.