3 de xuño de 2025
COMPAK SPORTING OURENSE

Francisco Javier Villanueva renova o título de campión provincial de compak


VII Campionato Provincial de Ourense de Compak Sporting “Xunta de Galicia” 


O “Campo de Tiro A Goberna” situado en Beariz acolleu o pasado domingo 1 xuño, o VII Campionato Provincial de Ourense de Compak Sporting. Unha proba provincial que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e ca colaboración da Asociación Deportiva A Goberna Beariz e a Sociedade de Cazadores A Goberna Regueiro.


Un campionato desputado por 30 tiradores que se enfrontaron a 100 pratos divididos en 2 canchas a duas voltas.



Francisco Javier Villanueva Dejuana foi o mellor tirador da proba obtendo unha gran marca con 95 pratos escachados permitíndolle renovar o titulo de campión provincial. O segundo posto da xeral e primeiro da cateogoría senior foi para o pontevedrés José Antonio Vasconcellos Vicente con 92 pratos escachados, un prato máis que Gabino Villamor Vázquez que obtivo o bronce da xeral e o primeiro posto na categoría de veteranos.


O subcampión provincial recaeu no tirador José Manuel Torres Parada que remataba cuarto da xeral e o bronce provincial era para Jose Antonio Gómez Pérez.


En seniors o subcampión era Ángel Ramón Vidal Quintela e Carlos Misa Alonso conformábanse co bronce con 86 e 84 pratos derrivados, respectivamente.


Foi Eliseo Faraldo Fernández o subcampión da categoría de veteranos con 75 pratos.


En máster o primeiro posto era para José María González Rodríguez con 78 pratos superando a Abel Andrés Otero e Ángel Vidal Conde que remataban con 73 e 72 pratos, respectivamente.


Alejandro M. Castro Pérez foi o campión de iniciados con 66 pratos e Iván Garrido Ventín o subcampión.


Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.