16 de xuño de 2025
CAMPIONATO GALEGO XABARIL

Julio Ferradás con “Copy” proclamouse novo Campión Galego de Rastro sobre Xabaril


XXIX Campionato Galego de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril “Xunta de Galicia”


Os terreos da Sociedade Deportiva de Cazadores A Canteirada acolleron o XXIX Campionato Galego de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril "Xunta de Galicia". Unha proba desenrolada o 14 de xuño nos concellos lucenses de Abadín e Vilalba baixo a organización da Federación Galega de Caza e a colaboración de dita sociedade de cazadores.


Os monteiros e cans clasificados nas respectivas fases provinciais e Copa Galicia dividíronse en 2 campos para afrontar a semifinal na que os 6 mellores clasificados de cada campo desputaban a gran final. Nesta fase clasificatoria destacamos a participación de Maikel Otero con “Chacho” e Luis Otero con “Turco monteiros que obtiveron as mellores puntuacións de cada campo.



Unha vez realizado o sorteo de participación por parte do Director da Proba e Delegado da especialidade, Jaime González, deu comenzo a gran final. Unha final na que Julio Ferradás Rozas con “Copy” compretaban unha gran prestación que o convertían no novo Campión Galego da especialidade con 238,25 puntos. Foi o pontevedrés Salvador Sestelo Núñez o que coa súa cadela mestiza Beba" obtiña o segundo posto con 217,75 puntos. O monteiro Joaquin Fernández Guerreiro con “Lie” compretaba o podio co bronce acadado despois dunha participación que lle reportou 216,25 puntos.



O coruñes Julio Ferradás Rozas asinaba unha gran tempada ao recibir a placa de campión da Copa Galicia da especialidade, obtida grazas ao bo facer do seu can “Copy”.


A Selección Galega para a desputa do Campionato de España quedou conformada polos seguintes monteiros: Antonio Sánchez (actual campión de España), Julio Ferradás, Salvador Sestelo, Joaquin Fernández, Cristóbal Cacheda, Manuel Antonio Buján, Maikel Otero, Juan Vecino e Álvaro Fontenla. Un Campionato Nacional que se desputará por terras galegas o vindeiro día 28 de xuño, concretamente no concello pontevedrés de Tomiño.


Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.