23 de xuño de 2025
PONTEVEDRA COMPAK SPORTING

Blanco Puertas campión provincial e Villanueva Dejuane campión da proba


XXV Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting "Xunta de Galicia" 


Máis de medio cento de tiradores citáronse onte, 22 de xuño, en Tomiño para a desputa da edición XXV do Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting "Xunta de Galicia" organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración dos Clubes de Tiro Fronteiriñas e Eido Dalbo.


A proba contou con catro canchas nas cales os tiradores enfrontáronse a un total de 100 pratos. Uns pratos moi técnicos e baixo unha perfecta organización fixeron desta fase provincial unha xornada brilante desta disciplina do tiro.


Na Xeral Absoluta o campión da proba foi Francisco Javier Villanueva Dejuane con 90 pratos. Con 89 arxilas escachadas remataba o tirador pontevedrés Manuel Blanco Puertas que obtiña a prata da xeral e o título de campión provincial da especialidade. O bronce foi para José Manuel Torres Parada con tamén 89 pratos. José Antonio Vasconcellos Vicente e Jose Manuel Da Silva Fernández obtiveron o segundo e terceiro posto do provincial, respectivamente.



José Antonio Vasconcellos Vicente era tamén o campión con 87 pratos na categoría Senior superando a Jesús Domínguez Gómez e Francisco Javier Rivero Martínez que remataban en segunda e terceira posición respectivamente.  


Na categoría Veteranos o campión era José Manuel Garrido Amoedo con 82 pratos escachados por diante de Gabino Villamor Vázquez que remataba a tirada con 76 pratos. 



Manuel García Carrea con 62 arxilas era o campión na categoría de Máster e Sabela Calvo López era a campiona en Damas.


Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.