7 de xullo de 2025
COPA FGC CORUÑA SAN HUBERTO

Antonio Costa con “Paiper” gañadores da Copa FGC Coruña de San Huberto


Copa Federación da Coruña de Caza San Huberto “Xunta de Galicia” en recoñecemento á traxectoría deportiva de José Lugrís Calvo e Serafín Corral Vázquez


A FGC da Coruña tivo a ben, o pasado 5 de xullo, celebrar un recoñecemento á traxectoría deportiva de José Lugrís Calvo e Serafín Corral Vázquez. Cazadores, xuíz e deportista sempre moi vinculados á FGC e ás competicións cinexético-deportivas.


Esta proba da Copa Federación da Coruña de San Huberto foi puntuable para a Copa Galicia e tivo como campos de competición os terreos do Tecor Venatoria das Pontes.


A proba foi dirixida por Cristina Sanmartín e nela participaron preto de 30 cazadores que foron xuzgados por: Jorge Amado, Antonio Fraga, José Manuel Pallas e José Moure, actuando como xuíces auxiliares Xulián Gandarela, Ángel Javier Muíño e Manuel López.



Desputado o barrage final o competidor Antonio Costa López que participou co setter de nome “Paiper” acadou a mellor puntuación e foi o campión con 76 puntos. Con 73 puntos, a prata foi para Juan José Canosa Vigo que participou co pointer “Nike”. Lidia Almeida de Oliveira obtivo o terceiro posto co setter “Dilan de Piago” e 61 puntos.



Un xantar de irmandade puxo o punto e final a esta proba que tivo como protagonistas a José Lugrís e Serafin Corral, os cale recibiron un agasallo e un emotivo recoñecemento por parte de compañeiros e organización.


Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.