Arqueiros campións do Trofeo Cazarco

Proba Trofeo Cazarco de Percorridos de Caza con Arco “Xunta de Galicia”
No día de onte, 20 de xullo, arqueiros galegos citáronse na localidade pontevedresa de Candan para desputar a Proba Trofeo Cazarco de Percorridos de Caza con Arco “Xunta de Galicia” organizado polo Clube Cazarco e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en Pontevedra.

Na participación de dita proba houbo, como ven sendo habitual, un amplo abano de idade dos arqueiros e arqueiras ata un total de 33 inscritos. Deportistas que se enfrontaron a diferentes propostas con figuras de caza 3D, algunhas destas figuras en movemento e sempre supervisados por xuíces titulados, sendo un campionato puntuable para o Autonómico da especialidade.

Na modalidade de arco asistido homes o campión era Eloy Álvarez Couñago, foi seguido de Jaime Villaverde Balado en segunda posición. Ismael Figueroa Vilaboa situábase no terceiro posto da clasificación.
En arco tradicional homes o campión era Alfonso Veiga Miranda. O subcampionato recaía en Ricardo Rivas Outeiral e o bronce en Manuel González García. En arco tradicional damas a campiona era Laura Fernández Crespo.
En lonbow o campión era Roi Lopez Díaz, seguido de Jacobo Santoro Lorenzo e José García Gómez en segunda e terceira posición, respectivamente.
Marina Olveira Amoedo era a campiona en arco asistido damas seguida de Dolores Bugarín Codeseda e Eva Davila Rodal en segunda e terceira posición, respectivamente.

En cadetes o primeiro posto era para Serafín Germán Veiga Prieto. Nerea Piñeiro Gago e Carlota Otero Cayetano obtiveron o primeiro e segundo posto, respectivamente, en Junior e o bronce en dita categoría foi para Iria Boullosa Currás.
Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.
