28 de xullo de 2025
PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO

O campión provincial foi Esteban Lorenzo con“Brisa” e o campión da proba Mario Dios con “Mike”


XXXVIII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto "Xunta de Galicia" 


Na xornada do pasado sábado día 26 de xullo desputouse en Tomiño o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto "Xunta de Galicia" organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración da Sociedade de Caza “Tomiñesa”. Un campionato moi especial en memoria de Serafín Fontenla Fernández, persoa enormemente querida e vinculada ao ente federativo.



A proba foi dirixida por Rafael Sánchez Malvar e sendo de caracter aberto trascorreu en dous campos e un barrage final.



O cazador Mario Dios Rodríguez foi o campión da proba e subcampión provincial co can de nome “Mike”. O campión provincial foi Esteban Lorenzo Rey con “Brisa”. O terceiro posto  provincial foi para José Ramón Zamora Lorenzo con Dory”.


O campión provincial de springer foi Saturnino Pereira Vidal con “Coco” e a dama campiona da proba foi Lidia Almeida Oliveira con “Dylan”.



Acudirán ao campionato galego representando á provincia de Pontevedra os seguintes cazadores: Esteban Lorenzo, Mario Dios, José Ramón Zamora, Juan Manuel Lorenzo e Ramiro Ramirez.


Na clausura e entrega de premios o presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo fixo entrega, a viúva de Serafín Fontenla, dunha placa de recoñecemento polo enorme esforzo e adicación que desempeñou coa caza e o ente federativo durante moitos anos.



Este Campionato Provincial contou coa colaboración de Pensos Os Bichoucos e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.