26 de agosto de 2025
INCLUIDOS TECORES

A Xunta lanzará axudas para a recuperación dos terreos queimados

Entre estas axudas destacamos as destinadas á recuperación da biodiversidade e elementos e estruturas de xestión dos Tecores.


En reunión mantida no día de onte entre a Federación Galega de Caza (FGC) e a Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, esta informaba aos representantes federativos de que en data próxima publicaranse no DOG unha serie de axudas para paliar os danos producidos polos incendios forestais.


Entre estas axudas destacamos as destinadas á recuperación da biodiversidade e elementos e estruturas de xestión dos Tecores.


Desde a FGC valoramos moi positivamente esta iniciativa e animamos a todas as sociedades federadas afectadas, a acollerse a estas axudas para recuperar os seus terreos cinexéticos. Para tal fin, dende a FGC informarase aos Tecores federados con máis precisión das condicións, procesos de solicitude, etc., unha vez sexan publicadas.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.