29 de agosto de 2025
MEDIA VEDA E REANUDACIÓN ACTIVIDADE

Novidades sobre a caza en Ourense

Esta fin de semana volve a caza á provincia de Ourense

Tralas xestións realizadas pola Federación Galega de Caza (FGC) esta tivo coñecemento de que a media veda na antiga Lagoa de Antela comezará esta mesma fin de semana tras asinarse a autorización por parte da Xunta de Galicia.


Os Tecores que teñen autorización para este período son os pertencentes ás sociedades de Carreiro Ladrón, Xinzo de Limia, Trasmiras, Porqueira, Alto Limia e Rairiz de Veiga.


Agardamos que nas vindeiras horas este punto sexa comunicado oficialmente pola Xunta de Galicia.



Reanudación da caza


Recordar tamén, ante as dúbidas xurdidas no colectivo cinexético sobre a reanudación da caza na provincia de Ourense, que a prohibición recollida RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se prohibe toda actividade cinexética en toda a provincia de Ourense, unha vez desactivado o nivel 2 de emerxencia pola Xunta de Galicia, queda anulada.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.