8 de setembro de 2025
CANS PARADA SOBRE PERDIZ EN MONTAÑA

“Sar do Coto da Neboa” de Francisco Santiago foi o mellor calificada na Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña


IV Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña “Xunta de Galicia”


A Federación Galega de Caza na Coruña celebrou, o sábado 6 de setembro, a cuarta edición da proba de caza práctica en montaña sobre perdiz que se desputou nos Tecores societarios de “Eixil” de Cedeira-Cerdido e “Ortegal” de Ortigueira.


A competición transcorreu con total normalidade e as boas condicións climáticas permitiron desfrutar de mostras e guías dos diferentes cans presentados onde os setters foron maioritarios, sendo a Directora da Proba Lidia Almeida de Oliveira.



Resultou gañadora a setter inglés “Sar do Coto da Neboa" de Francisco Santiago Rodríguez, coa cualificación de 1º MB. O segundo posto foi para o tamén setter inglés “Nes de Bosende”, de Andrés Pena Vázquez, coa cualificación de 2º MB. 



O bronce foi para a setter inglés “Dun do Coto da Neboa” propiedade tamén de Francisco Santiago Rodríguez, cunha calificación de 3º B.


Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.