NACIONAL DE SAN HUBERTO

A galega Nuria Varela campiona feminina da Copa España de San Huberto


A Selección Galega volve a colleitar outro título en probas nacionais, nesta ocasión a deportista Nuria Varela Painceiras acadou o primeiro posto feminino da Copa España de San Huberto.


Nuria Varela participou coa braco alemán de nome “Cora de la Ciudad del Tajo” e resultou primeira do seu campo, reportándolle o título de Campiona da Copa España de San Huberto na categoría feminina e obtendo o pase para o barrage da final absoluta do Campionato de España. Un barrage no que Nuria non foi quen de acadar os primeiros postos pero feito este que non empaña a gran actuación na proba nacional desputada esta pasada fin de semana en Maella – Zaragoza.


Dende a Federación Galega de Caza felicitamos a toda a selección galega de San Huberto e en especial a Nuria Varela porque foron quen de levar a Galicia ao máis alto desta disciplina cinexético-deportiva.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.