27 de outubro de 2025
CAZA MENOR LUGO

Juan Carlos Rodríguez co setter “Rayo” converteuse no campión lucense de caza menor con can


Baixo a organización da Federación de Caza de Lugo e contando cos terreos e colaboración do Tecor Terra Chá desputouse, o pasado sábado 25 de outubro, o Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can “Xunta de Galicia”.


Unha proba celebrada baixo unhas condicións climáticas moi propicias e con abundante densidade de caza como sempre acostuma a presentar o terreo cinexético da Terra Chá.


Foi o cazador Juan Carlos Rodríguez González o que facía a entrada en control ás 13:30 horas con duas pezas cobradas o que lle reportaban un total de 1.100 puntos e o convertían no novo campión provincial da especialidade.


Co mesmo número de puntos pero facendo a entrada en control seis minutos máis tarde, o subcampión provincial era Eladio Rodríguez Vilariño que participou co setter “Jany”. O bronce era para Fernando Telmo Vázquez que obtiña 500 puntos participando co tamén setter de nome “Popy”.



Os cazadores Jesús Paz Penelas e Jaime González Yáñez conformarán, xunto co podio, a selección lucense de Caza Menor para a desputa do Campionato Galego.


Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para O Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.