27 de outubro de 2025
CAZA MENOR CORUÑA

A fase provincial da Coruña de Caza Menor con Can tivo a Antón Moure e a cadela “Lira” como gañadores


No Tecor “Ortegal” desputouse o pasado 25 de outubro o Campionato da Coruña de Caza Menor con Can “Xunta de Galicia”, proba organizada pola FGC da Coruña e contando coa colaboración da Sociedade de Caza Ortegal.


A proba contou con Julián Gandarela como Director da mesma e, sendo unha xornada máis de caza, destacar a boa densidade de especies cazables avistadas así como a alta participación.



Foi o cazador Antón Moure Segade acompañado da setter “Lira” o que obtivo o primeiro posto da clasificación e polo tanto adxudicándose o título provincial con 1.100 puntos. Coa mesma puntuación pero en segunda posición remataba Rubén Boquete Varela que participou coa setter “Illa do Rempenin”. Sergio Roca Deibe foi o terceiro clasificado tamén con 1.100 puntos e participando co setter “Chusco”.



A estes tres cazadores acompañaranos na selección provincial Iván Calvo Recarey, Marcos Estévez Rivas e Alberto Boquete Casas.


Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para O Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.