23 de novembro de 2025
ARCEAS LUGO

Arturo Ledo gañador do provincial lucense de caza de arceas


Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas “Xunta de Galicia”


O pasado sábado 22 de novembro os arceiros lucenses achegábanse ata o Tecor “El Polémico” para desputar o seu Campionato Provincial de Caza de Arceas. Unha proba que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Lugo e a  colaboración da Sociedade de Caza Mindoniense.


A xornada arrincaba con moita incertidume pola existencia ou non de entrada de arceas. Os cazadores durante 5 horas buscaron os lances con esta migratoria co termómetro marcando baixas temperaturas pero que non mermaron a calidade de cans e arceiros.  



Foi o cazador Arturo Ledo Ramudo acompañado de “Can” o primeiro cazador en facer entraba en control cunha arcea dun disparo, obtendo deste xeito o título de campión provincial. Con tamén 500 puntos pero en segunda posición remataba Antonio González Álvarez co can “Rella de Pasarín”. Juan Carlos Rodríguez González co can de nome “Rayo” e 500 puntos foi o terceiro clasificado completando así o podio provincial.


José María Regueira Freire (4º clasificado con 500 puntos) e José Manuel Paredes Silvosa (5º clasificado por sorteo), xunto cos tres primeiros clasificados, conforman a selección lucense para o vindeiro Campionato Autonómico da especialidade.


Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.