Iván Moure subcampión da Semifinal Norte de Caza Menor con Can

Galicia terá representación no Campionato de España de Caza Menor con Can grazas ao segundo posto acadado polo cazador galego Iván Moure González na Semifinal Norte desputada o pasado sábado en Villaescusa de Haro – Cuenca.
O cazador galego acompañado da súa podenca de nome “Pomba” obtivo a prata na Semifinal Norte despois de conquerir un total de 2.600 puntos, a tan so 250 puntos do campión Mikel Torne do País Vasco.
Iván Moure representará a nosa comunidade no LVI Campionato de España de Caza Menor con Can que se desputará o vindeiro 6 de decembro na localidade burgalesa de Villegas.
Dende a FGC felicitar a toda a selección galega e en especial a Iván por levar o deporte cinexético galego ao máis alta ao tempo que lle desexa moita sorte na fase final da especialidade.
