24 de novembro de 2025
CÓMIC CINEXÉTICO - FGC PONTEVEDRA

Presentación do cómic “De non existir… habería que inventala”


Na sede da Deputación Provincial de Pontevedra tivo lugar, o pasado venres 21 de novembro, a presentación oficial dun cómic que versa sobre os valores da caza, a coexistencia con outros usos do monte e o coidado do medio.


Esta publicación está inspirada na idea orixinal do presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo, e que plasmou de xeito brillante a ilustradora Irma Loureiro Neira.


No acto de presentación o presidente da Deputación Provincial, Luis López, destacou que neste cómic recóllense tres valores esenciáis para o ente provincial, valores tales como o impulso aos colectivos, a protección do territorio e o apoio o deporte así como á cultura e á lingua.


Na intervención do presidente de Mutuasport, José María Mancheño, adiantouse o compromiso da mutua na difusión deste comic a nivel nacional porque reflexa un dos valores esenciais da caza… a súa imperiosa necesidade para a sociedade.


Os agradecementos as institucións chegaron da man de Francisco Couselo e Irma Loureiro que recalcaron o apoio para que esta publicación xa sexa unha realidade.



Pechou o acto Luis Eusebio Fidalgo, presidente da FGC, quen agradeceu ao presidente da Deputación Provincial a colaboración neste proxecto así como o apoio do presidente da Mutua dos cazadores co súa asistencia. O máximo representante dos cazadores galegos fixo fincapé no traballo e esforzo de Paco Couselo e Irma Loureiro para sacar adiante este cómic que da luz aos valores da caza para aqueles que son alleos a realidade cinexética.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.