15 de decembro de 2025
ARCEAS CORUÑA

O provincial da Coruña de caza de arceas proclomou campión a José Manuel Tome con “Duke”


Preto de 30 cazadores coruñeses participaron no Campionato Provincial da Coruña de Caza de Arceas “Xunta de Galicia”. Unha proba organizada pola Federación de Caza da Coruña e que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores de San Vicente de Vimianzo que tivo a ben a cesión dos terreos de competición.


De extraordinaria podemos calificar a xornada cinexética na que se avistou un número moi elevado de arceas que permitiu un continuo goteo de lances nas 5 horas que durou a competición.



Baixo a dirección de Julián Gandarela esta fase provincial deu como campión a José Manuel Tome Sogo que xunto co setter de nome “Duke” fixo a entrada en control con duas capturas e 1.000 puntos proclamándose campión provincial. Con 500 puntos e en segunda posición remataba José Manuel Torres Parada que participou coa setter “Asia de Arpefán”. O bronce, tamén con 500 puntos, era para Emilio Romero Castro e o seu setter “Bass”.


A estes tres cazadores engádense Manuel Cancela, Víctor Castro e Antón Moure conformando a selección provincial da Coruña para o vindeiro Campionato Galego da especialidade.



Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Proyecta Galicia e Arion.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.