9 de xaneiro de 2026
MODIFICACIÓN DA LEI DE CAZA

Licenzas de caza por cinco anos e gratuidade para menores e persoas con discapacidade

A entrada en vigor da Lei 5/2025 de medidas fiscais e administrativas, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 31 de decembro, introduce cambios significativos na actividade cinexética.


Unha das principais novidades é a modificación da Lei de Caza de Galicia para permitir que a licenza de caza teña agora unha vixencia de cinco anos. Esta medida ten como obxectivo facilitar os trámites aos cazadores, permitindo que o documento coincida co período de vixencia do permiso de armas, unificando así os tempos de renovación.


Outra das medidas da nova normativa permite ás autoridades sancionar a posesión de caza viva ou morta, así como dos seus híbridos, cando non se poida xustificar debidamente a súa procedencia. Esta medida será aplicable con independencia de que sexa ou non época de veda.


A reforma tamén inclúe cambios na Lei de Taxas, Prezos e Exaccións reguladoras dando gratuidade a licencia de caza persoas menores de idade e con discapacidade así como bonificacións nas matrículas para aqueles Tecores que se viron afectados pola vaga de lumes do pasado verán e outono.


A Federación Galega de Caza celebra a inclusión destas melloras, solicitadas no seu día polo ente federativo en beneficio do colectivo. Pero lamenta que non se tivesen en conta outras reivindicacións, tales como a autorización para que os deportistas poidan adestrar con fins competitivos en épocas de máxima sensibilidade, sempre baixo o informe da FGC.


Máis información detallada da publicación no DOG en: https://www.federaciongalegadecaza.com/Lexis/modif-lei-caza-2026.pdf

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.