Cedeira e Ortigueira acolleron a oitava edición da proba de Cans de Parada sobre Arcea
VIII Proba de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia”

VIII Proba de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia”
Baixo a organización da Federación Galega de Caza da Coruña e a colaboración das sociedades de caza de Ortegal e Cedeira-Cerdido desputouse, o pasado sábado 7 de febreiro, a oitava edición da Proba de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia” na que se citaron un total de 24 cans.
A xornada arincaba precedida dunha climatoloxía moi adversa que pudo ser a culpable de que as arceas non estivesen presentes e os cans non acadaran puntos nos diferentes turnos de participación.
A Directora da Proba, Lidia Almeida, e o xuíz José Manuel Pallas auxiliado por Xulián Gandarela e Edelmiro Leira, decidiron mencionar os seguintes cans e conductores polo traballo desenrolado na competición:
-Mellor can adulto da proba: Zape de Piedrallada (SIM) de Manuel Castiñeira Corral.
-Mellor can novo da proba (menor de 2 anos): Ari (SIF) de Julio Aneiros Prado.
Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Arion e Mutuasport.
