XORNADA FORMACIÓN

Xornada formativa: Control das Armas de Caza e de Tiro Deportivo

Xornada

POSIBILIDADE DE ASISTENCIA ONLINE - 24 DE FEBREIRO DE 2026


A xornada "O control de armas de caza e de tiro deportivo” ofrece unha visión integral sobre a regulación vixente, destacando o papel esencial da Garda Civil (Intervención de Armas e Explosivos) na xestión de licenzas e a seguridade cidadá. A través de dous paneis especializados, abordaranse diferentes perspectivas: desde as novidades na normativa, ata as boas prácticas no ámbito federativo e cinexético.


Obxectivos:


- Difundir e actualizar coñecementos sobre a normativa actual de armas e o papel da Garda Civil no seu control administrativo e operativo.


- Analizar os mecanismos de prevención de accidentes e seguridade no manexo de armas deportivas e de caza.


- Fomentar o intercambio de coñecemento entre a Administración, as federacións deportivas, armeiros e usuarios.


- Sensibilizar ao colectivo de tiradores e cazadores sobre a importancia da custodia responsable e a prevención do tráfico ilícito.


Persoal ao que vai dirixido:


Esta xornada está dirixida á cidadanía en xeral e, en concreto, a:


- Federados en Tiro Olímpico e Caza, deportistas e propietarios de armas.


- Armeiros, instrutores de tiro, e persoal de seguridade privada.


- Estudantes universitarios de Dereito, Criminología e Seguridade.


- Público xeral con interese na normativa de armas e a seguridade pública.


- Membros da Garda Civil, especialmente da especialidade de Intervención de Armas e Explosivos (ICAE).


Participación:


Asistencia presencial exclusivamente con invitación.


Pode asistir en liña de forma gratuíta ESCANEANDO O CÓDIGO QR DA IMAXE




Descargar documento

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.