SEGREGACIÓN

Segréganse varios montes no Tecor de Forcarei

En virtude do artigo 14.2 da Lei 4/07 de Caza de Galicia, a Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural fixo onte pública, a través do Boletín Oficial de Pontevedra, a segregación de varios montes integrados no Tecor PO-10.142 "Forcarei" do Concello de Forcarei (Pontevedra).


Foron as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Lamacega e Besticodo de Doade, Abeleira, Alén, Framia e Correa, do concello de Beariz, quen solicitaron ao Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural a sua segregación do citado Tecor. O expediente estará dispoñible para todos os interesados no Servizo de Conservación da Natureza sito na rúa Fernández Ladreda, 2ª planta, en Pontevedra, durante un mes desde a data de publicación do edicto.


Fonte: Boletín Oficial de Pontevedra

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.