Inicio Buscar Blog Contacto

 
XERAL
Novas
Axudas
Estatutos da FGC
Lei Xeral do Deporte
Regulamento de armas
 
CAZA
Lei de Caza de Galicia
Modificación Lei de Caza
Regulamento de Caza
Orde de Vedas
Exame do Cazador
Taxas
 
CANS
Microchip
Pasaporte e cartilla sanitaria
Transporte
Rexistro L.O.E.
Rexistro L.O.F.E.C.
 
MEDIO RURAL
Lei Conservación da Natureza
Plan de xestión do lobo
Listaxe de zonas húmidas
Lei de incendios
Prevención de incendios
Procedemento sancionador
Xunta Consultiva Os Ancares
 
OUTROS
Lei de Seguridade Vial
 
Lexislación
CAZA

Exame do Cazador

Orde do 1 de xuño de 2007 pola que se regula o exame do cazador na Comunidade Autónoma de Galicia.
[...] O obxecto da presente orde é regular o procedemento, o temario, a convocatoria, os exames, a súa corrección e cualificación, así como a puntuación necesaria para superalos e acadar o certificado que permita obter a primeira licenza de caza. [...]

 Ver documento completo
 
Instruccións
  1. Cumprimentar e presentar a solicitude de inscrición no exame (inclúese ao final da orde), cunha antelación dun mes, na Delegación Provincial de Conservación da Natureza correspondente. A solicitude deberá ir acompañada ademais de copia do DNI, e do pagamento da taxa oficial, 10,00 €uros, que poderá abonar en Caixa Galicia, Caixanova ou Banco Pastor; o impreso de pagamento facilítanllo na mesma entidade bancaria, pero deberá cumprimentalo cos códigos e cos seus datos persoais, segundo o modelo que se atopa arriba.

  2. A continuación deberá remitir ao fax do Servizo de Conservación da Natureza, copia da solicitude, do DNI e da taxa.

  3. Os exames serán o primeiro luns dos meses de febreiro, xuño e setembro (cando os luns coincidan con días inhábiles trasládarase ao día hábil seguinte). Aconsellámoslle que unha vez presentada a solicitude e remitido o Fax, se poñan en contacto co Servizo Provincial de Conservación da Natureza para confirmar que está admitido nas probas.

  4. O exame teórico consta dun cuestionario tipo test con respostas alternativas, sobre 60 preguntas, e dun exercicio práctico consistente no recoñecemento de especies cinexéticas e non cinexétias. Non nos consta que existan libros editados coas respostas aos posibles exercicios do exame, nembargantes sí contamos cun cuestionario de preguntas -dentre as cales sairán as do exame- e coas ilustracións das especies, que pode atopar na parte superior desta páxina.

  5. O temario do exame é o seguinte:
    • Lexislación da Comunidade Autónoma de Galicia
    • Bioloxía e ecoloxía das especies cinexéticas de Galicia
    • Identificación, por sexo e idade, das especies cinexéticas e non cinexéticas que poidan ser confundidas coas anteriores, e determinación dos exemplares que son pezas de caza.
    • Modalidades de caza e normas de seguridade nas cacerías
    • Delitos e faltas relacionadas coa caza no Código Penal
    • Coñecementos básicos do procedemento sancionador
    • Nocións básicas sobre sintomatología das enfermidades que afectan ás especies cinexéticas
    • Normativa legal que afecta aos cans de caza
    • Nocións básicas sobre valoración de trofeos de caza

  6. A orde 1/6/2007 da Consellería de Medio Ambiente, que regula o exame de caza na Comunidade Autónoma de Galicia, tamén establece no seu artigo 7 que serán válidas para obte-la licenza de caza de Galicia, sen ter que supera-lo exame, as licenzas de caza expedidas por outras Comunidades Autónomas.
 
Documentación


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza