Observatorio da Caza

Estudo da caza en Galicia

Proxecto ARCEA

Proxecto ARCEA

Sobre o proxecto

Estudo e xestión da poboación de arcea (Scolopax rusticola) en Galicia

A Federación Galega de Caza impulsa dende o ano 2023 este proxecto de censado da arcea, co obxectivo de xerar coñecemento científico sólido sobre a especie que permita o seu estudo, a súa conservación e un aproveitamento cinexético responsable e sostible no tempo.

Este traballo non sería posible sen a implicación desinteresada de decenas de cazadoras e cazadores que, tempada tras tempada, dedican o seu tempo a percorrer o monte e rexistrar con rigor cada xornada de censo. A información que achegan é unha ferramenta imprescindible para coñecer a evolución real das poboacións de arcea en Galicia e para fundamentar, con datos, as futuras decisións de xestión da especie, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia. Dende a Federación queremos agradecer sinceramente esta colaboración voluntaria, clave para o futuro da arcea e da propia actividade cinexética.

Quero ser censador

Se es cazador federado e queres participar este ano no censo da arcea, solicita a túa alta como censador. A FGC tramitará a autorización por parte da Consellería.

Prazo aberto ata o 16/11/2026.

Xa son censador rexistrado

Se xa estás dado de alta, accede coa túa conta para rexistrar e consultar as túas xornadas de censo da tempada 2026-2027.

Compromisos do censador

A persoa que participa neste programa de censado comprométese a:

1

Realizar, como mínimo, 6 xornadas de caza/censo nos períodos hábiles determinados na resolución pola que se determinan as épocas hábiles de caza na tempada vixente.

2

Trasladar os datos recollidos en ditas xornadas ao formulario ao que terán acceso os cazadores/censadores autorizados.

3

Contar coa autorización dos Tecores onde pretende cazar/censar (tarxeta ou similar).