Enviada por: FGC
Ingredientes:
- 6 Codornices
- 2 Cebolas medianas
- 1 Vaso de aceite de oliva virxe extra
- 1 Vaso de vinagre
- 1 folla de loureiro
- 1 Cullerada colmada de perexil picado
- Pementa negra en grao
Elaboraci�n:
Primeiramente limpamos ben as codornices. Despois pasamos a picar ben as cebolas, as cales debemos sofritir a fogo moi lento nunha cazola ampla Cando a cebola esté ben sofritida, incorporamos as codornices limpas, o vaso de vinagre, a pementa negra, o perexil e a folla de loureiro. Deixamos que todo se vaia cociñando a fogo lento ata que as codornices estén tenras e a cebola totalmente cocida. Cando sexa así, estarán listas para servir.
|