Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO COELLO
O lote de Rey Baúlde gaña a proba disputada en Boiro
5/9/2012

Clube Amigos dos Cans de Caza

Como despedida da tempada de campionatos oficiais, o “Clube Amigos dos Cans de Caza” ven de celebrar, o pasado día 25 de agosto, coa colaboración da Federación Galega de Caza na Coruña e a Sociedade de Caza Castelo de Vitres Folgoso, a XX edición do Campionato de Rastro de Coello, puntuable para a Copa Galicia da modalidade, no Tecor C-10.080, da localidade de Boiro.

Participaron un total de 16 lotes, repartidos en 4 campos e xulgados polos seus correspondentes xuíces, Manuel Vázquez, Alfonso Collazo, Alejandro González e Nicolás Castro.

A proba desenrolouse nun marco excepcional, co terreos duros, de abundante vexetación e con unhas boas condicións climatolóxicas. Os alí presentes puideron desfrutar con algúns lotes que brindaron aos espectadores actuacións excepcionais.

A clasificación xeral, do seguinte xeito: Campión da proba o lote propiedade de Alfonso Rey Baúlde con 551 puntos. En segunda posición situouse Carlos Casas Cambón con 529 puntos e xa en terceira posición e con 498 puntos clasificouse o lote propiedade de Pablo Cambón Bertoa. O can beagle de nome “Toby” propiedade de Antonio Lista foi o asinado como mellor can da proba o obter unha puntuación de 161 puntos.

 

GALERIA DE FOTOS:

Campionato Provincial de A Coruña de Rastro de Coello 2012
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CPTO. ESPAÑA CANS DE MOSTRA
2025-10-14
O setter “Zafir de Piago” do galego René Vale converteuse no Campión de España de Cans de Mostra Británicos e por equipos Galicia acadou o subcampionato nacional

NACIONAL DE SAN HUBERTO
2025-09-29
A galega Nuria Varela campiona feminina da Copa España de San Huberto

AUTONÓMICO DE COELLO
2025-09-28
Os beagles do coruñés José Javier Suárez acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE COELLO
2025-09-22
O lote propiedade de Arosa Dasilva proclamouse campión provincial na Lama


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza