25 de novembro de 2026
ELECCIÓNS FGC 2026

Luis Eusebio Fidalgo inicia a súa segunda lexislatura á fronte da Federación Galega de Caza

A Federación Galega de Caza celebrou, no día de hoxe, o acto oficial de toma de posesión de Luis Eusebio Fidalgo Álvarez como presidente da entidade, dando comezo á súa segunda lexislatura tras a súa reelección.

O acto, celebrado na sede federativa central de Santiago de Compostela, formalizou a continuidade de Fidalgo Álvarez na presidencia da institución federativa, nunha xornada na que tamén se procedeu ao correspondente traspaso de poderes por parte de Ramón Rodriguez, presidente da Comisión Xestora.

Con este novo mandato, o presidente afronta outros catro anos de responsabilidade na presidencia da Federación Galega de Caza, coa intención de continuar desenvolvendo o proxecto federativo e traballando na defensa dos intereses dos cazadores galegos e do conxunto do sector cinexético, facendo especial fincapé nos retos futuros cos que se topará a caza.

Esta segunda lexislatura supón tamén unha oportunidade para dar continuidade ao traballo realizado durante o anterior mandato e afrontar os novos obxetivos que ten por diante a caza en Galicia e a FGC.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.