30 de novembro de -0001
RASTRO COELLO

José Luís Calvo proclamouse como novo campión galego

Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello

O pasado sábado 29 de setembro tivo lugar en Vilagarcía de Arousa, concretamente no Tecor de Karsita, unha das probas raíñas do calendario de competicións da Federación Galega de Caza, o Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello contando coa inestimable colaboración da Sociedade de Cazadores de Karsita.

Á proba chegaron clasificados, dos seus respectivos Campionatos Provinciais, un total de 8 participantes cos seus respectivos lotes de catro cans. Uns lotes que, contando coas boas condicións do terreo no tocante á densidade de lagormorfos, permitiu presenciar extraordinarios levantes e seguimentos por parte destes pequenos xigantes do rastro.

Xulgadas as presentacións dos 8 lotes por parte dos xuíces José Moure Caneda e Francisco Javier Silva Fontán, o Delegado de Rastro da FGC, Manuel Martínez Casal, deu a coñecer a clasificación final desta fase autonómica.

Foi o lote dos bassets leonados de bretaña “Dante”, “Alaska”, “Clio” e “Eira” do coruñés José Luís Calvo Vázquez o que acadou o primeiro posto e se converteu deste xeito no novo Campión Galego da especialidade cun total de 569 puntos, facéndolle entrega da placa de Campión o presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Juan Ángel Alonso Pérez. En segunda posición, e tamén chegado da provincia de A Coruña, situáronse os beagles “Ero”, “Eras”, “Tula” e “Sam” de Juan Carlos Casas Cambón con 540 puntos. Con 530 puntos, ocupou o terceiro posto do podio o lote de beagles “Clay”, “Lima”, “Perla” e “Xouba” do pontevedrés Alfonso Rey Baulde.

O basset leonado de nome “Dante” propiedade de José Luís Calvo Vázquez foi nomeado como mellor can da proba ao acadar un total de 147 puntos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.