XIV Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo
O pasado 25 de agosto disputouse no concello pontevedrés de Mondariz a fase final do Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Caza “A Mondarizana”
Á proba acudiron un total de 45 arqueiros chegados e clasificados nos seus diferentes campionatos provincias. O bo tempo e a boa organización da proba fixo que esta resultase do máis atractiva tanto para os amantes desta disciplina como para o público alí presente.
Percorridos de Caza con Arco
  Na categoría de Asistido, unha vez máis, facíase co título autonómico o arqueiro  Jaime Villaverde Balado, seguido en segunda posición por Pedro J. Martínez  Ángel. Xosé Manuel Pousada Sobral remataba en terceira posición.
En Tradicional o primeiro posto recaía en Oscar Novas Seijas acadando así o título de Campión Galego. Abel López Lepiani e Manuel Martínez Pérez situábanse en segunda e terceira posición respectivamente.
Na categoría de Damas Asistido o primeiro posto era para a arqueira María Rodríguez Rodríguez. Dolores Bugarín Codeseda acada o segundo posto e Iratxe Guillen Bouzas compretaba o podio en terceira posición.
En Damas Tradicional Sonia María Ribeiro era a campiona e Inmaculada Santamaría facíase co subcampionato. Irene Sandra Padin víase relegada aun máis que meritorio terceiro posto.
Na categoría Infantil a xoven arqueira Laura Novas Riveiro era a campiona desta edición. Rebeca Villaverde Bugarín e Sergio Sobral Barcía acadaban un sobresaínte segundo e terceiro posto neste autonómico.
CAZA CON  ARCO O VOO
  Na disciplina de Arco o Voo o primeiro posto foi  para a parella composta por Jaime Villaverde e Pedro J. Martínez co can “Pol”,  converténdose deste xeito nos Campións Galegos da especialidade. Miguel Gómez e  Juan Bandeira con “Pluma” acadaban un meritorio segundo posto superando a  Iratxe Guillen e Ángel Villaverde con “Lor” que remataban en terceira posición.



		        
    
	









