
Campionato Galego e Provinciais de Cans de Rastro sobre Raposo “Xunta de Galicia”
No concello lucense da Fonsagrada tivo lugar, onte día 1 de febreiro, a edición número XXIX do Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Raposo “Xunta de Galicia”.
Dita xornada cinexética foi organizada pola Federación Galega de Caza e contou co gran traballo e colaboración da Sociedade de Caza e Pesca da Fonsagrada.
Ao título Autonómico optaron un total de 14 equipos clasificados nas catro provinciais máis o equipo coruñés “Os da Baladoira” que defendía o título acadado na pasada edición.
A xornada cinexética contou cunha climatoloxía algo adversa pero que co bo facer dos equipos e grazas ao traballo dos guías da sociedade foi posible o avistamento de máis dunha ducia de raposos.
Unha vez esgotadas as 5 horas regulamentarias de actividade cinexética os diferentes equipos foron facendo a súa entrada en control para o posterior análise veterinario das pezas capturadas. O Delegado da especialidade de Raposo da FGC, Ramón Rodríguez Cobas, foi o encargado de dar a coñecer a clasificación final quedando do seguinte xeito: O equipo coruñés “Os Intocables” resultou Campión Galego cun total de 1.500 puntos. O segundo posto foi para terras lucenses da man da cuadrilla “Fary” con 500 puntos. O bronce foi para o equipo pontevedrés Rodeiro I tamén con 500 puntos.
Na entrega de premios e na clausura do acto estiveron presentes as seguintes autoridades: Gloria Pasarín, Concelleira de Medio Rural da Fonsagrada; Argelio Fernández, presidente da Sociedade de Caza e Pesca da Fonsagrada; Jesús Montouto, Director Territorial de Medio Ambiente en Lugo e Luis Eusebio Fidalgo presidente da Federación Galega de Caza. Esta proba marca o remate do calendario oficial de competicións da FGC e o inminente peche da tempada cinexética 2025/2026.
Campionatos Provinciais de Raposo

- PONTEVEDRA
A fase pontevedresa desputouse en Rodeiro coa participación dun total de 170 cazadores. O equipo campión foi “Peña do Kin” con 1.000 puntos. O subcampionato foi para o equipo “Os de Sempre” con 500 puntos. E o bronce foi para a cuadrilla “Rodeiro I” tamén con 500 puntos. O cuarto equipo clasificado para o Autonómico foi “Barusi” tamén con 500 puntos.

- A CORUÑA
O mellor equipo clasificado da especialidade pola provincia da Coruña foi a cuadrilla “Os Peonzas” con 1.500 puntos. Tamén con 1.500 puntos, pero en segunda posición, rematou a cuadrilla “Os Intocables”. O terceiro posto do podio era para o equipo “Cazadores do Barbanza” con 1.000 puntos. O cuarto equipo clasificado para o Autonómico foi “Os Golpistas” tamén con 1.000 puntos. Destacar a alta participación con 330 cazadores e tamén os numerosos raposos avistados.

- LUGO
Por terras de Portomarín, máis de 170 raposeiros lucenses participaron na fase provincial na que o título foi acadado polo equipo “Fary” con 1.500 puntos. Os equipos “Fogueteiros” e “Aparta que ahí Vamos” obtiveron a prata e o bronce, respectivamente, con 1.000 puntos. O cuarto equipo clasificado para o Autonómico foi “Os da Troula” tamén con 1.000 puntos.

- OURENSE
Na provincia de Ourense, o equipo que resultou campión da proba foi “Lamela” que entraba en control con 500 puntos. O segundo posto foi para o equipo “Doble Cero” tamén con 500 puntos.
Estes campionatos contaron co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Proyecta Galicia.









