Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO DE XABARIL
O título de Campión Galego recaeu no monteiro Francisco Rodeiro con “Cho”
30/6/2014

XIX Campionato Galego de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril

O pasado sábado día 28 de xuño, tivo lugar unha das citas estrela do calendario de competicións da Federación Galega de Caza, chegaba a XIX edición do Campionato Galego de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril.

Esta fase autonómica tivo como escenario o Tecor pontevedrés de Vila de Cruces e sendo organizado pola Federación Galega de Caza que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Vila de Cruces.

Nunha maña de moita choiva arrancaba este Campionato Galego que xuntaba un total de 29 monteiros cos seus respectivos cans. Uns monteiros e cans que foron xulgados polos xuíces Roberto Carlos Costa Tellado, Guillermo Barreira Folgueira, José Montoiro González e José Moure Caneda e sendo o Director da Proba o Delegado de Rastro da FGC, Nicolás Castro Rodríguez.

A proba desenrolouse sen imprevistos e tan so destacar a dificultade para cans e monteiros nas súas participacións debido a intensa choiva caída nas primeiras horas da competición que fixo que a dureza nos rastros fose aínda maior do agardado.

Foi o monteiro chegado de A Coruña, Francisco Rodeiro Eiras o que co seu can mestizo de nome “Cho” acadaba acceder ao máis alto da clasificación con un total de 231 puntos, converténdose deste xeito no novo Campión Galego da especialidade. O ata ese día actual campión galego, o lucense Iván Fernández Pereira, acadou a medalla de prata co seu can mestizo “Turé” cun total de 199 puntos. O monteiro coruñés Manuel Rodeiro Louzao co can mestizo “Rato” era o terceiro clasificado cun total de 187 puntos.

A estes tres primeiros clasificados acompañaranos os monteiros José Manuel Fernández Fernández, Alfonso Collazo Pasín e Iván Fernández Fernández no vindeiro Campionato Nacional da especialidade.

Representantes da Deputación Provincial, o alcalde de Vila de Cruces e o presidente da Sociedade de Caza de Vila de Cruces acompañaron ao presidente da FGC, Javier Nogueira Diz, no xantar de clausura e entrega de premios desta XIX edición do Campionato Galego de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO
30/09/2024
Gran participación dos arqueiros galegos no Nacional

AUTONÓMICO DE CANS DE RASTRO COELLO
30/09/2024
Os beagles do coruñés Daniel Bouzas acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL COELLO PONTEVEDRA
23/09/2024
O lote propiedade de Jaime López proclamouse campión provincial na Laxe

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
16/09/2024
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza